jueves, 14 de junio de 2018

CONTO VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS

Se queredes coñecer a proposta presentada pola FUNDACIÓN MENIÑOS preme na imaxe. Tamén pódese ver un extracto da guía e do conto, así como o mapa-guía das actividades. 

Tras ler o conto na clase, coloreamos as marionetas dos protagonistas, fixemos un panel para ambientar a aula e montamos un recanto donde deixar as actividades e xogos que fagamos.



miércoles, 13 de junio de 2018

AS PREGUNTAS DO SABIO

O protagonista do conto, Draco, é un dragón con problemas de autocontrol que aparece no reino das emocións a causa dun enfado. Alí atópose a fada Andreia, que será a súa guía neste percorrido, e que o axudará a volver a casa, tras superar unha serie de encontros nos que aprenderá habilidades socioemocionais básicas.

Un deses encontros é co sabio. No proxecto presentan unha baralla de 30 cartas que inclúe as preguntas de reflexión e autococoñecemento " AS PREGUNTAS DO SABIO"

Durante o curso pasado, no momento das rutinas, o alumnado contestaba a unha das preguntas do sabio cada día. Neste curso escolar ampliamos a actividade e elaboramos unas fichas nas que o sabio pregunta. Estas fichas forman parte do recanto das emocións e cada neno pode elexir cal facer.


martes, 12 de junio de 2018

MONSTRUO DE CORES

No proxecto "viaxe ao reino das emocións" tamén propoñen bibliografía complementaria para cada bloque nos que se estrutura. Un dos contos co que máis traballamos é con Monstruo de cores, de Anna Llenas.


O PASEO DA FAMA

Na aula fixemos como o conocido paseo da fama de HOLLYWOOD, onde se rinde homenaxe ás celebridades do cine, teatro, música, radio... O paseo é unha forma de recoñecer ás súas habilidades. O obxetivo da actividade é facer que o alumnado recoñeza súas habilidades e plasmalas na súa propia estrella. Primeiro mantivemos unha conversa sobre os nosos gustos, o que se nos da ben e por último creamos o noso paseo da fama, onde todo o mundo pode achegarse e ver as nosas habilidades.

O DIARIO DE ÉXITOS

Fai uns días o alumnado levou para casa un "DIARIO DE ÉXITOS", un diario en branco para realizar xunto a súa familia. O obxetivo fundamental é traballar a AUTOESTIMA, que implica un sentimento de confianza e competencia nas propias habilidades e capacidades.
No diario recolleron tres elementos sobre a vida cotiá do alumnado:
- O que é capaz de facer por si mismo.
- As personas que forman parte da súa rede de afectos.
- As responsabilidades (ou tarefas) que ten o nene ou a nena na casa.

A CAIXA DA CALMA

Unha das actividades que máis lle gustou ao alumnado, foi creación DA CAIXA DA CALMA. A Caixa da calma forma parte do noso recanto das emocións. O contido da caixa vai variando, a medida que imos medrando, introducimos novos xogos para acadar estar en calma.
A Caixa da calma contén:
- Lapis e ceras de cores da calma.
- Dous cadernos para pintar.
- Dous libros de mandalas para colorear.
- Dúas pelotas antiestrés.
- Un xogo de pezas de construción.
- Plastilina.
- Dous xogos de tangram elaborados por nós e dous libro guía.
- Contos sobre a regulación emocional.
- O peluche de Draco, o dragón protagonista do conto.
- Un crebacabezas.
Dentro da Caixa tamén incluimos A BARALLA DA CALMA, un conjunto de cartas nas que se ilustran as diferentes actividades que pode realizar unha persona enfadada para calmarse. Tamén creamos un dado con Goma Eva.

lunes, 11 de junio de 2018

UNHA BOTELLA DE PO DE FADAS

A idea orixinal desta actividade que se propón no proxecto está  baseada no método Montessori.
A actividade consiste na realización, entre todo o alumnado, dun bote que contén diferentes elementos (no noso caso botóns, pompóns, purpurina de diferentes cores...), e que ao moverse se desplazan por todo o recipiente de forma pausada. A finalidade do mesmo é ofrecer un momento de calma, que permita relaxarse por medio da concentración.
E así elaboramos o noso bote de po de hadas, que ahora forma parte do recanto da calma.

O XOGO DA RA

Outro dos encontros de Draco no monte ALOIA, que lle axudarán a volver a casa, foi con IRIS, unha muller de ás douradas e ropa de moitas cores. Iris, é a responsable de pintar no ceo o arco da Vella. A Iris gústalle recordar a variedade de cores que hai no mundo, así como que todos somos diferentes, todos temos diferentes gustos, intereses, formas de falar... Para entender que o importante, é saber o que compartimos en común cos demás e tamén saber respectar o que é diferente, Iris propuxo un xogo. Para o xogo Iris colleu tres follas de nenúfar e pintou unha de Azul e outra de amarela, e deixou a verde no medio. Por cada cosua que tiñan en común colocaban unha folla pequena no nenúfar verde, se só lle gustan a Andreia no nenúfar amarelo, e se só lle gustan a Draco, no nenúfar azul.
Na aula fixemos o mesmo xogo empregando ras e pinzas en lugar de follas. Agora o xogo forma parte do recanto das emocións, dentro da Caixa da calma.