martes, 12 de junio de 2018

A CAIXA DA CALMA

Unha das actividades que máis lle gustou ao alumnado, foi creación DA CAIXA DA CALMA. A Caixa da calma forma parte do noso recanto das emocións. O contido da caixa vai variando, a medida que imos medrando, introducimos novos xogos para acadar estar en calma.
A Caixa da calma contén:
- Lapis e ceras de cores da calma.
- Dous cadernos para pintar.
- Dous libros de mandalas para colorear.
- Dúas pelotas antiestrés.
- Un xogo de pezas de construción.
- Plastilina.
- Dous xogos de tangram elaborados por nós e dous libro guía.
- Contos sobre a regulación emocional.
- O peluche de Draco, o dragón protagonista do conto.
- Un crebacabezas.
Dentro da Caixa tamén incluimos A BARALLA DA CALMA, un conjunto de cartas nas que se ilustran as diferentes actividades que pode realizar unha persona enfadada para calmarse. Tamén creamos un dado con Goma Eva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario