miércoles, 13 de junio de 2018

AS PREGUNTAS DO SABIO

O protagonista do conto, Draco, é un dragón con problemas de autocontrol que aparece no reino das emocións a causa dun enfado. Alí atópose a fada Andreia, que será a súa guía neste percorrido, e que o axudará a volver a casa, tras superar unha serie de encontros nos que aprenderá habilidades socioemocionais básicas.

Un deses encontros é co sabio. No proxecto presentan unha baralla de 30 cartas que inclúe as preguntas de reflexión e autococoñecemento " AS PREGUNTAS DO SABIO"

Durante o curso pasado, no momento das rutinas, o alumnado contestaba a unha das preguntas do sabio cada día. Neste curso escolar ampliamos a actividade e elaboramos unas fichas nas que o sabio pregunta. Estas fichas forman parte do recanto das emocións e cada neno pode elexir cal facer.


No hay comentarios:

Publicar un comentario