lunes, 11 de junio de 2018

O XOGO DA RA

Outro dos encontros de Draco no monte ALOIA, que lle axudarán a volver a casa, foi con IRIS, unha muller de ás douradas e ropa de moitas cores. Iris, é a responsable de pintar no ceo o arco da Vella. A Iris gústalle recordar a variedade de cores que hai no mundo, así como que todos somos diferentes, todos temos diferentes gustos, intereses, formas de falar... Para entender que o importante, é saber o que compartimos en común cos demás e tamén saber respectar o que é diferente, Iris propuxo un xogo. Para o xogo Iris colleu tres follas de nenúfar e pintou unha de Azul e outra de amarela, e deixou a verde no medio. Por cada cosua que tiñan en común colocaban unha folla pequena no nenúfar verde, se só lle gustan a Andreia no nenúfar amarelo, e se só lle gustan a Draco, no nenúfar azul.
Na aula fixemos o mesmo xogo empregando ras e pinzas en lugar de follas. Agora o xogo forma parte do recanto das emocións, dentro da Caixa da calma.





No hay comentarios:

Publicar un comentario